TELÉFONOS DE INTERESE

9 de junio de 2016

A DEPUTACIÓN ESIXE AOS CONCELLOS DO PP QUE LIMPEN AS PRAIAS












A Deputación de Pontevedra  esixe aos concellos gobernados polo Partido Popular que limpen as súas praias de xeito inmediato dado o comezo da tempada estival en poucos días. Así de contundente quere a Deputación deixar claro que en ningún momento debe ser a institución provincial quen asuma este tipo de traballos xa que non é a súa competencia e, en segundo lugar, ten implantado unha transferencia de fondos económicos para que os propios concellos podan contratar persoal e comprar a maquinaria necesaria para adecuar as súas praias.
A Deputación reitera que neste asunto, algúns deputados provinciais, están a mentir como noutras ocasións porque coñecen ben que en ningún caso a institución provincial fixera estes traballos en todos os concellos senón unicamente naqueles da súa mesma cor política.
Para a institución provincial, por lei, son os concellos os responsables da limpeza das súas praias como así o fixa a Lei de Costas (22/1998) na que se indica no seu artigo 115 que é competencia municipal "Mantener las playas y lugares públicos de baño en las debidas condiciones de limpieza, higiene y salubridad, así como vigilar la observancia de las normas e instrucciones dictadas por la Administración del Estado sobre salvamento y seguridad de las vidas humanas".
O goberno provincial consciente das necesidades de financiación que teñen os concellos instaurou coa súa chegada un reparto equitativo e transparente entre os concellos para que podan atender os seus servizos básicos denominado "Plan Concellos". Este fondo foi dotado con 47 millóns de euros repartidos en catro eixos de actuación. Un primeiro para investimentos; un segundo para gasto corrente e amortizacións de débeda; un terceiro para subvencionar actividades culturais, deportivas e veciñais; e unha cuarta para un plan de emprego.
Para o caso da limpeza de praias os concellos poden acadar dende a liña primeira e segunda para a compra de material e, dende a liña cuarta para a contratación de peóns de limpeza. De feito, varios concellos  solicitaron axudas para a compra de tractores e limpadoras e para a contratación de peóns de limpeza para a tempada de verano. Casualmente ningún destes concellos que dedicaron recursos a limpeza é gobernado polo Partido Popular, acostumados como estaban a que a Deputación fixéralles o traballo. Son aqueles outros que sempre tiveron que contar cos seus propios recursos para sufragar este servizo quenes agora usan o "Plan Concellos" para dotarse de material e persoal.
Con respecto ao "Plan Concellos"  hai que recordar que concellos costeiros gobernados polo PP, como Soutomaior, recibe no 2016 un 18,66 por cento máis fondos económicos da Deputación que no ano anterior (474.169,81 euros); Redondela un 9,4 por cento máis (1.120.111,31 euros);  Baiona un 44,8 por cento máis (876.386,49 euros); Vilanova un 13,5 por cento máis (651.183,56 euros); Marín un 3,2 por cento máis (940.276,30 euros); O Rosal un 30,4 por cento máis (514.360,75 euros); ou Oia un 19 por cento máis (415.315,35 euros). Co cal este goberno provincial está a subvencionar moito máis aos concellos que con anterioridade, onde os recursos repartíanse de xeito arbitrario e sen transparencia.
Para concluír o Goberno provincial quere sinalar que todos os concellos da provincia de Pontevedra teñen 47 millóns de euros en axudas directas, que son executadas por eles mesmos, para actuar en aqueles servizos que consideran fundamentais e nos municipios costeiros a atención as praias como un reclamo turístico e fundamental. De nada van  servir os esforzos que dende a Deputación estase facendo para a promoción da provincia como destino vacacional si un piar fundamental dela como son as nosas praias son abandonadas por aqueles que teñen os medios e a responsabilidade para o seu coidado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.