O vindeiro sábado 28 de maio a sala Malatesta en Santiago de Compostela acollerá a resolución deste concurso, coa actuación das catro bandas finalistas. Será o momento de coñecer ás gañadoras. Entre esas bandas atopamos a "Leda Atómica", de Cambados.
Outras tres bandas finalistas son, Animal Soul e "Canto Crú", de Vilagarcía,
Rap, ska, rock, pop, punk, folq… unha mestura de xéneros musicais e lugares de procedencia que teñen en común o uso da lingua galega nas letras das súas cancións.
Ata as 00.00 da madrugada do domingo, as persoas que o desexen poderán participar como membros do xurado. Tan só precisan votar a través da páxina do Facebook de Revenidas. Entre os participantes haberá regalos de entradas e camisolas do REV16.
Os gañadores estarán presentes os días 19, 20 e 21 de agosto en Vilaxoán durante o festival Revenidas. “É a edición con máis talento e con maior dificuldade para escoller gañadores”, afirman dende a organización do festival.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.