O sábado 21 no RIF-ROCK haberá un especial das Letras Galegas. Será unha noite para repasar o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, un proxecto de poesía e música, no que KEVI ARAGUNDE leva moito tempo traballando con moito coidado e agarimo, e interpretará xunto con Karlos Abal por primeira vez en público, ademáis de algún convidado sorpresa máis. Para o poster empregouse a ilustración que realizou Castelao para a segunda edición de Vento Mareiro de 1921. Apuntade: Sábado 21 de maio, dende as 23:45h. Non vo-lo perdades!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.