A Garda Civil nun amplo operativo na parroquia cambadesa de Corbillón localizou un pequeno paquete sospeitoso, este mércores. O paquete detectouno un agricultor no fondo nun pozo de regadío, mentras estaba a realizar labores de regadío, cando lle chamou a atención a presenza dun plástico no fondo do pozo, e ante a sospeita de que puidese tratarse de droga, alertou á Garda Civil.
Varias patrullas da Garda Civil desprazáronse ata o lugar, mobilizándose tamén unha unidade do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Coruña. Un dos submarinistas descendeu ao fondo do pozo coa axuda dos Bombeiros do Salnés. No fondo atopouse un pequeno paquete que foi intervido por axentes de paisano para a súa posterior análise.
A hipótese que manexaban os axentes é que se tratase dun paquete de droga de pequenas dimensións.
IMAXE: Faro de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.