A DEPUTACIÓN CONCEDE 40.000 € PARA O ARRANXO DAS PISTAS DE TENIS E ATLETISMO DO POMBAL
A Deputación de Pontevedra publicou a resolución presidencial pola que se aproba o destino dunha partida de 40.000 euros para a mellora das pistas deportivas de O Pombal. A metade do investimento levaralla a de tenis e a outra parte a de atletismo. Tamén con cargo ao Plan Concellos deste ano, o ente provincial concedeu unha asignación como xa publicamos onte, de 18.000 euros, para a adecuación do quiosco de Torrado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.