Próximamente terá lugar en Cambados, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de Expropiación Forzosa de 26 de Abril de 1957, este Servizo, o pago dos xuros do expediente de expropiación forzosa instruído para o concello de Cambados por mor das obras do proxecto: “Mellora e apertura dos accesos ó Polígono Industrial do Salnés, Treito: A Grenla”, sinalando a data, hora e lugar de pago:
Concello de Cambados o dia 9 de maio de 2016 as 11:00 a 11:30 horas
A relación de titulares dos bens e dereitos expropiados figura no taboleiro de edictos do concello de Cambados.
O pagamento efectuarase polo pagador deste servizo e en presenza do representante da Administración, e do alcalde e secretario de dito Concello.
O que se fai público desde o BOP para xeral coñecemento, advertindo aos interesados que o pagamento farase precisamente aos que figuren como donos dos bens e dereitos expropiados, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu defecto, polo coñecemento directo que testifiquen o alcalde ou secretario do Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.