O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo Director de Zona de ABANCA, José Luis Ramírez Matos, formalizou onte 25 convenios de patrocinio do Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia 2015/2016 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos de Pontevedra e a súa área de influencia.
Polo que respeta a Cambados son dous os clubes beneficiados o Club Xuventude Baloncesto con 35.755,68 € e o Club Cambados Tenis de Mesa 8.382,98 €.
Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, ao igual ca na tempada pasada, tendo por destinatarios a un total 132 equipos galegos. Neste orzamento, ABANCA, patrocinadora oficial do Plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa Fundación.
No cadro inferior podedes ver os 25 clubes pontevedreses beneficiados con estas axudas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.