TELÉFONOS DE INTERESE

27 de abril de 2016

JUAN GALIÑANES E OLGA OSORIO CANDIDATOS AOS PREMIOS CREA´2016











Olga Osorio e Juan Galiñanes volven a ser candidatos a acadar premios polo seu traballo. Neste caso están nominados aos premios CREA, na sua primeira edición.


Os premios son á dirección dos traballos: de Juan Galiñanes, o spot publicitario "Loida, así eres, así somos" (https://vimeo.com/142571392) e pola parte de Olga Osorio, reStart e Buscando a Superfama.

Ver vídeo
No listado inferior podedes ver todos os candidatos e remarcados os nomes dos nosos protagonistas.
O vindeiro sábado 14 de maio terá lugar a I Edición dos Premios CREA, un evento que pretende poñer en valor os mellores traballos de dirección d@s profesionais galeg@s durante o último ano.


A Asociación de directores e realizadores de Galicia representada por Jorge Coira, Gaspar Broullón, Juan Lesta e Pablo Fontenla anunciaron dias pasados en rolda de prensa duas das máis importantes novidades que pora en marcha CREA neste 2016, trátase da Primeira Edición dos Premios CREA, e o proxecto Ollo de Vidro.

 
I Edición dos Premios CREA
 
A asociación de directores/as e realizadores/as de Galicia, a través da súa directiva e da comisión organizadora destes premios, pretende potenciar, divulgar e recoñecer os traballos da industria audiovisual galega.  Constan de 11 categorías diferentes e un premio de honra. Trátase, en definitiva, dun recoñecemento á dirección e realización que se está a facer na actualidade no eido audiovisual.
Na presentación das candidaturas poderán optar todos os realizadores/as e directores/as con estreas no ano 2015 e que cumpran polo menos un dos seguintes requisitos: que o idioma principal sexa o galego, que a obra sexa de produción galega ou que o director/a sexa galego/a.




11 son as categorías que compoñen esta primeira edición e este son os nomeados por categoría:


Longametraxe de ficción.

Ángel Santos por Las Altas presiones
Dani de la Torre por El Desconocido
Alber Ponte por Little Galicia
Simón Casal por Lobos Sucios

Longametraxe documental.

César Souto e Luís Avilés por Os días afogados
Diana Toucedo por En todas as mans
Susana Sotelo por Querida Gina
Jorge Coira por Torre de Breoghan

Curtametraxe de ficción.

Jorge Saavedra por Disney
Fran X. Rodríguez por Ladrones de tiempo
Olga Osorio por reStart
Alejandra Sotelo por Ula
Adán Aliaga por The walker

Curtametraxe documental.

Alfonso Pérez Caneiro e Marga Pazos por Colonos e Pombas
Xacio Baño por Eco
Carlos Seijo por O espantallo amigo
Carlos A. Quirós e Cristina Esteiro por Ferrol Mola

Obra de animación.

Adrián Pérez por Ascender de Becario
Virginia Curiá por Meigallos
Alberto Vázquez e Pedro Rivero por Psiconautas
David Saborido por O terceiro porco

Serie de TV

Jorge Cassinello por Hospital Real
Miguel Conde, Jorge Saavedra e Manuel Espiñeira por Serramoura
Toño López e Jorge Coira por Luci
Carlos Sedes por Velvet

 Webserie

José Miguel Sagüillo por Dálle jas
Perico Balado por Gafas e Pallaso
Jorge Boquete por El método sueco
Mighele de Currás por P.I.B.

Programa TV

Jorge Saavedra por E agora que?
Gaspar Broullón e Simón Vázquez por Éche así
Roberto Vilar e José Villaverde por Land Rober Tunai Show
Suso Iglesias por Naqueles tempos

Videoclip

Jairo Iglesias por Mi punto de vista
Soledad Rebollo por El animal en mí
Olga Osorio por Buscando a superfama
Lucía R. Regueiro por Doade
Marcos Nine por Doce

Spot ou campaña publicitaria

Fran X. Rodríguez por Caramelo homenaje al frío
Paco Cuesta por Estrella Galicia Familia
Paco Cuesta por Xmas Time
Andy Mahía e Marcos Pereiro por Imposible sen ti
Juan Galiñanes por Loida, Así eres, así somos

Obra experimental

Gonzalo E. Veloso por Árbores
Aser Álvarez por Buscando a Vill Viola
Juan Lesta e Belén Montero por El juicio adelantado
Marcos Nine por Rorschach #1


Parabéns a tod@s





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.