O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 31 de marzo de 2016, acordou aprobar inicialmente o Regulamento Orgánico Participación Cidadá do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, ábrese un período de información pública por espazo de 30 días para presentación de reclamacións e suxerencias.
No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, entrando en vigor no prazo dun mes a contar dende a publicación do texto íntegro.
Regulamento de Participación
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.