TELÉFONOS DE INTERESE
▼
20 de marzo de 2016
VICTORIA DO CAMBADOS CADA VEZ MÁIS CERCA DO ASCENSO
Traballada victoria dos amarelos na tarde de hoxe no Manuel Jimenez de Vilagarcía.
Adiantaríase o equipo visitante con un golazo de Rubén Rial desde fóra da área no minuto 8.
Posteriormente, o 1-1 por parte dos vilagarciáns no minuto 23 obra de Xabier e o 1-2 no minuto 46 foron ambos de penalti, o do Cambados transformado de novo por Rubén Rial.
Pouco despois de comezar a segunda parte, un erro defensivo dos visitantes permitiría empatar de novo ao Faxilde (2-2) no minuto 52, Alberto. Este segundo tempo tería desgraciadamente como protagonista ao árbitro, cunha actuación que descontentou a ambos equipos.
O 2-3 no marcador chegaría tras un remate de Charli que desviou un defensa rival, Manuel, no minuto 63.
Un partido moi traballado polos cambadeses que consiguen 3 novos puntos.
Con esta victoria as diferenzas con respecto ao 3º clasificado mantéñense.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.