TELÉFONOS DE INTERESE

30 de marzo de 2016

AS PROMESAS DE FEIJÓO CADA VEZ MÁIS LONXE DE SER CUMPRIDAS










Feijóo como valora que a converxencia de Galiza coa renda europea teña un desvío de 15 puntos do obxectivo marcado polo Goberno galego cando prometeu, a súa chegada á Xunta, que “Galiza sería a primeira en saír da crise” e  a realidade é que cada  vez diverxemos máis do Estado español e de Europa?.
No plan estratéxico 2010-2014, a Xunta de Galiza fixaba como obxectivo o PIB per cápita de Galiza no 90% e no 2014 o 95% da Unión Europea sen embargo, Euroestar ven de facer públicas as contas económicas do ano 2014 e resulta que “o PIB galego retrocedeu ao 80% do PIB per cápita europeo”. Os datos constatan un desvío de 15 puntos sobre o obxectivo marcado e en troques de converxer 5 puntos, “a fenda agrandouse en 10”.
Por outra parte en termos de converxencia, retrocedemos ao ano 2003, ata situarnos a 20 puntos da media europea.

As persoas galegas non emigran por deporte
Na última sesión de control, Feijóo presumiu de que Galiza medraba máis que Alemaña polo que habería que preguntarlle se os galegos e galegas “emigran por deporte” porque estes días tamén puidemos coñecer que só no ano 2015, 21.000 persoas abandonaron o noso país, datos que ,recalcou o parlamentario, “constatan o grande fracaso de Feijóo”. Dende que chegou a presidencia, Feijóo repetiu a cantinela de que Galiza ía saír da crise antes que ninguén pero a realidade é que con él como presidente a renda media de Galiza está cada vez máis lonxe da española e da Europea.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.