Liquidación de existencias
Hai uns dia escribíamos sobre como uns textos de Ramón Caride eran musicalizados por o productor musical Iago Lorenzo e os fotógrafos Sara Caride e Juan Rey.
O libro-CD, en formato digipack, que vén de aparecer no mercado é o primeiro froito desta
colaboración creativa que terá continuación o vindeiro ano coa segunda entrega, "As Flores Salgadas", actualmente en fase de pre-producción.
Hai un mes saleu avenda a nova novela de Ramón Caride Liquidación de Existencias.
Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida. O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos e soños. Se non podemos cambiar o presente, liquidemos o futuro. Así, como cadre. Nada está fóra do mercado. Vivimos nunha exposición permanente. Oxidación continua e renovación de catálogos. Tamén nos seres humanos. Sobre todo neles. A mellor publicidade é boca a boca. Non se fíe da pantalla. As dimensións da vida axústanse, por definición, ao tamaño do respectivo espazo comercial. Todo está de sobra, pero nunca hai abondo. A biodiversidade en regresión e os sucedáneos en alza. Atope as diferenzas. A vida en modo apocalipse selfie. Se non podes facelo, non perdas tempo en contalo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.