TELÉFONOS DE INTERESE

▼

18 de diciembre de 2015

MITIN DO PSOE EN CAMBADOS









 MITIN CENTRAL DO PARTIDO SOCIALISTA DE CAMBADOS         
Éxito absoluto de público (a pesares da  noite chuviosa que estaba) e sobre todo polo alí expresado: tan categóricos coma humildes e sinceiros os ponentes que fixeron unha disección certeira do que levamos padecendo perante catro anos do goberno presidido por Mariano Rajoy Brey e as súas políticas indecentes (coma tildou de tal con bó criterio Pedro Sánchez). Abriu este espazo para a reflexión o meu amigo e compañeiro Domingo Tabuyo. É un privilexio para tódolos Cambadeses  telo entre nós porén é Historia Viva de Cambados:  co tempo o seu traballo será obxecto de análise, de estudo;  algúns o negarán pero abofé que sí coma por exemplo  o seu traballo coma voceiro na oposición polo PSOE no Concello de Cambados (algo que recoñeceu cando foi alcalde da localidade o actual Deputado Provincial D. Luis Aragunde_ das poucas veces que lle escoitei dicir unha verdade), o seu grande calado humano, o seu peso político, a súa contribución ao progreso de Cambados en tódolos eidos  e que dicir desas preto de dúas lexislaturas no Congreso dos Deputados: un home bó en toda a súa extensión da palabra e que deixou a súa pegada en todo o espectro político e coma tal aínda a día de hoxe se lle lembra polo respeto que a súa persona obriga.
Nestes intres impartindo cátedra, humanidade, e agarimo entre os seus alumnos do I.E.S Francisco Asorey, ese  mesmo que a dereita ataca sen descanso por “disque” meterlles aos seus alumnos ideas políticas na cabeza_  que a dereita odia a educación e a cultura (en xeral) é algo notorio, porque fai que aprendamos a pensar por nós mesmos, e coma tal está na Historia e no Cine, ese vicio que teño segundo a dereita que me convirte nun ser asocial …en canto Franco tomou as rendas no 36  a primeira orde que deu foi facer calar a aqueles que podían supoñer un perigo, pola súa educación, polo seu saber, polos seus principios, e foron caendo médicos, mestres, e sindicalistas con tal de que houber unha denuncia de alguén que os quixera mal (Miel de Naranjas, Imanol Uribe).
Doe a Cultura, doe  a educación: iso na dereita nunca estivo ben visto porque fai que a xente pense por sí mesma e deixe de ser polo tanto manipulable coma reflicte con bó criterio o meu compadre José Cuñarro. Polos dereitos civís se deixou a pel Domingo en democracia e antes, porque sabe do importante que son os recordos, as lembranzas,  e non ten memoria selectiva coma a dereita:  ten corazón Socialista que é a fábrica dos soños ( así lle chaman tamén ao cine, Sarita Pazos). A lei orgánica de educación é o maior atraso educativo na Historia de España, dixo Tabuyo, vai contra o progreso, contra o cambio constante que o mundo ten  (lembro o filme o Ocaso do Samurai de Yoji Yamada cando lle pregunta a filla:  “Pai, por qué é tan importante ler” ¿, e vai e lle contesta: ”Canto máis leas o mundo poderá cambiar, a vida poderá te  levar dun lado a outro, pero sempre te facilitará ferramentas para saír adiante”. Os libros son despós da fala o maior avance da Humanidade. A primeira edición da Biblia de Guttenberg os iankis a conservan coma ouro en paño e son o país de referencia na Cultura Mundial neste  Século XX.
A lei de igualdade desfeita por completo cando asistimos a auténticos latrocinios un día sí e outro tamén, cando seguimos “platicando” de que a muller ten que someterse ao home, cando lles conminamos a oír, ver e calar:  lles pagan os Empresarios malnacidos da dereita un 24 % menos polo mesmo traballo que un home, as convirten en estatuas de sal, levan o Antigo Testamento á súa máxima expresión. Pos con ese Presidente que seica era unha especie de mestre do Asorey extrapolable a Madrid, José Luis Rodríguez Zapatero, foi e non outro quen puxo en marcha leis que hoxe en día son papel mollado para o PP, e nin mentar o da lei de dependencia coma lle espetou Pedro Sánchez a Mariano Rajoy no debate do luns, unha aldraxe.
Continuou un home pequeno  coma min en altura pero grande en coñecimento, o millor alcalde Socialista na Historia da Democracia no Salnés (a única posível, porque González tivo que saír de incógnito do país para celebrar o Congreso de Suresnes no 74  e aínda a día de hoxe hai xente que fala de Pablo Iglesias coma un digno  sucesor de Felipe (ler e flipar cando se escoita tal cousa). Era un neno e lembro con emoción coma nas segundas elicións democráticas esperabamos en Cambados a Felipe González no que era o antigo Coordenadas, escoitalo en Vilagarcía, a emoción que provocaba aquel home novo, a oratoria que coma Tabuyo destilaba;  era aquelo algo propio dun home que chegou por diante do seu tempo, coma Manuel Vázquez na Illa de Arousa, que colleu un Concello e rebaixou coma está facer Fátima Abal en Cambados xunto ao seu equipo a débeda, que o dotou de infraestructuras, que levou á práctica todo aquelo que prometeu (eso é ser un político honrado e honesto, nada que ver cos Alcaldes do PP). “Cambados é a miña segunda casa”, dixo, orgulloso de pasar polas aulas do I.E.S Ramón Cabanillas, e hoxe en día en especial estou ledo de que un  un Cambadés coma Juán Galiñanes estea nominado aos Premios Goya do Cine Español  pola cinta de animación Holy Night:  é un fito histórico levar un traballo desas dimensións cando o Partido Popular castigou sen misericordia á xente da Cultura, sobre toda a do Cine, e que Pedro Sánchez xa dixo vai baixar de xeito inmediato o IVE Cultural  do 21 ao 10 %  porque o que firmou esa lei,  J.I  Wert, se John Huston o conocera estaría por méritos propios no seu filme La Jungla de Asfalto.
E chegou o clímax (coma no Cine)  co que denominou Operación Louzán … nesto quedei preso do paroxismo dun home coma Rafi ao que todo o mundo dicía “era o fillo de … non rematou o Instituto …era conserje”  … joder … (é,  de cando en vez sano  dicir un taco _ C.J Cela, Nobel de Literatura):  pos o fillo de tal, o Licenciado en Ciencias Ocultas, o conserxe que entrou a dedo con Barral e que segundo os que saben disto era un advenedizo, cando Nené tivo problemas coa xustiza e tivo que deixar  unha vez voltou  xa era alcalde Louzán,  e lle espetou “Santa Rita, Santa Rita, lo que se da no se quita” , e nin mentar  urdidor n.1  de mocións de censura na Provincia de Pontevedra, e que aos opositores nos  deixaba (sei do que falo) nas mans da súa Comandante en Jefe María Jesús Torres Peón non dixo segundo Manel a súa última palabra: “Lede con atención quen é a Candidata ao Senado por Meis …investigade quen é …e que non  vos estrane que ao  día seguinte que presente a súa credencial diante da Mesa do Senado dimita …quen é o Suplente ¿  =  RAFA, e si se convirte en Senador que acontece. Doado:  é aforado, e se ten (coma é o caso) problemas coa Xustiza ten inmunidade e só pode xulgalo a sala II do Tribunal Supremo.  Advenedizo  …  quen dixo que para dedicarse a isto fai falla ter estudios ¿ Cantos politólogos andan por aí con contratos temporais ¿ Con libros malvivindo do turno de oficio ¿ Sí, pero teñen dignidade, e o do Cacique de Ribadumia está para os libros de coma ser un “trilero” e  pasar por tonto.


Seguiu Manel coa que para min era, e digo era, millor Ministra do Goberno Rajoy e que tivo, coma fai en tódalas camapañas unha parida (en maio era que ía traer o AVE a Cambados). Pos outra saída de pata de banco: LA ECONOMÍA HA MEJORADO, ESPAÑOLES (ANA PASTOR). E aquí coma Pedro Sánchez foi unha ametralladora Manel Vázquez; coma falabamos despos do mitin os números os inventaron os árabes e desde aquela aí están:

“MARIÑEIROS DO CERCO: SEGUROS PARA TRABALLAR NO MAR …. O MOSSAD EN ISRAEL AO VOSO LADO É MOI PEQUENO, A PAGAR SEN TINO POR TRAPALLADAS QUE FAN QUE OS LUGARTENIENTES DE BRUSELAS SE FORREN A COSTA DO VOSO SUDOR”;
“HUCHA DAS PENSIÓNS: 66.815.000 DE EUROS CANDO CHEGOU PAPI RAJOY …HOXE RESTAN APENAS 33.425.000 EUROS, 4 PAGAS PA OS PENSIONISTAS E COMA SIGAN ÉSTES A EXPOLIAR A PINACOTECA DO MUSEO DEL PRADO, É O ÚNICO QUE NON VENDERON”;
SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL: CO TOURO ESE QUE DISQUE MATOU A MANOLETE (ZP) PASOU DE 537 EUROS AO MES A 748, E HOXE QUÉ ¿
PENSIONISTAS DE ESPAÑA, NON É PAÍS  PARA VELLOS:
2012= PENSIÓN CONXELADA
2013=  + 5 EUROS AL AÑO (PARA “SHUSHES”)
2014 = CONXELADA
2015 =  +4 EUROS, SUFICIENTE PARA PAGAR OS MEDICAMENTOS (DUN MES …E O RESTO –COPAGO FARMACEÚTICO MIRADES DEBAIXO DO COLCHÓN;
DÉBEDA DO 69 % E COA CHEGADA DESTA XENTE QUE VELA, DISQUE,  POLAS CLASES BAIXAS E AS CLASES MEDIAS: 98,9 %
PROPOSTAS DE PEDRO SÁNCHEZ E O PSOE:
REFORMAR O INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL
CREAR UNHA BANCA PÚBLICA DE INVERSIÓNS
REMATAR CO AUSTERICIDIO
Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.