TELÉFONOS DE INTERESE

▼

8 de octubre de 2015

QUE PASA COAS POUSADAS DO SALNÉS?








Recopilando varios artigos de xornais dixitais vemos que a estas alturas de ano, seis meses despois, as Pousadas do Salnés sufren un retraso considerable na sua apertura.

O voceiro do grupo popular na Deputación, Ángel Moldes, e os deputados do Salnés, Salomé Peña e Luis Aragunde, visitaron este mércores a Pousada da Armenteira xinto o alcalde de Meis, Jose Luis Pérez. Os populares denunciaron o "estancamento" deste proxecto, e mostráronse seguros de que "se Rafael Louzán estivera liderando a Deputación de Pontevedra, as catro Pousadas estarían abertas e funcionando". 
"Se a día de hoxe estas Pousadas non están en marcha non é pola inacción do anterior equipo de goberno, senón que é polas propias políticas e a falta de xestión do actual bipartito da Deputación", criticaron.

A esto hai que puntualizar varias cousas e as probas están como decíamos na prensa dixital para que non se nos acuse de mentir.
O 2 de marzo deste 2015 saía publicado en PONTEVEDRA VIVA: O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, sinalou que en breve espazo de tempo, o próximo mes de abril, empezarán a funcionar ás Pousadas do Salnés.
O anuncio da apertura dos establecementos tivo lugar este domingo durante a inauguración do novo acceso e a humanización do ámbito do mosteiro de Armenteira, executadas polas empresas Covsa e Construcións Abal.

Pero antes deste anuncio saía outro no mesmo xornal dixital, PONTEVEDRA VIVA, venres 19 de decembro do 2014 e no que decía: As Pousadas do Salnés estarán completamente listas para a súa posta en funcionamento antes de que comece Semana Santa. Así o puxo de manifesto o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que anunciou a adxudicación, na Xunta de Goberno deste venres, do mobiliario para estes establecementos.
A unión temporal de empresas integrada por Suministros Técnicos de Galicia (Sutega) e Novavila Rías Baixas S.A. foi a gañadora do concurso, cun orzamento de 1.4 millóns de euros e un prazo de subministración do equipamento é de 70 días.
Agora veñen con apuros e eles mesmos apuntan, en concreto Ángel Moldes, explicou que "pode haber algunha Pousada que teña algún trámite administrativo pendente". 
Si o gobreno do PP e Louzán erraron nas previsións e trámites non poden esixir tanta premura toda vez que  a Deputación trasladará á Fiscalía e ao Tribunal de Contas proxectos do anterior goberno provincial, que dirixía o popular Rafael Louzán, que en conxunto suman 35 millóns de euros xa que na tramitación dos devanditos programas detectáronse irregularidades, tanto na xestión como nos pagos e entre eles está as Pousadas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.