PRESENTACIÓN DOS ACTOS DO MES ADICADO A CABANILLAS
Mañá ás 11:30 horas, no salón de plenos do concello de Cambados, o concelleiro de cultura e o catedrático Francisco Fernández Rei, darán unha roda de prensa para informar sobre os actos culturais a celebrar no mes de novembro, sobre Ramón Cabanillas. Un dos actos de máis relevancia este outono será a semana en homenaxe a Ramón Cabanillas. Ademáis, o día 9 de novembro conmemorarase o aniversario da súa morte coa colocación dunha praca na casa onde pasou os seus últimos días de vida na rúa Hospital.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.