TELÉFONOS DE INTERESE
▼
15 de octubre de 2015
O CAMBADÉS LOIS BAULO ABSOLO DUN DELICTO DE AGRESIÓN
O cambadés Lois Baúlo, un preferentista con minusvalía e que fora condenado polo xulgado de instrucción número tres de Tui de senllos cargos de lesións a dous axentes da Policía local e de alteración do orden público por feitos acontecidos no ano 2013 ven de ser absolto pola sección cuarta da Audiencia Provincial, con sede en Pontevedra.
O cambadés fora xulgado e condenado a pagar unha indemnización de 480 euros polas lesións ós axentes da Policía Local no transcurso dunha concentración dos preferentistas ante os xulgados de Tui.
A defensa de Lois Baulo, exercida polo despacho de abogados Miguélez e Asociados interpuxo o recurso ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que acaba de obter o dictame favorable.
Aparte da súa absolución, Lois Baulo queda eximido de aboar as costas do procedemento.
Esta é a segunda condena favorable do veciño de Cambados, xa fora absolto polo xulgado de instrucción número un de Lalín por unha denuncia semellante en Silleda.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.