TELÉFONOS DE INTERESE
▼
8 de octubre de 2015
CAMBADOS PROMOVE UNHAS XORNADAS PARA DAR A COÑECER ÓS EMPRENDEDORES COMO CREAR O SEU NEGOCIO.
O Concello de Cambados porá en marcha unhas Xornadas de Emprendemento para asesorar a todos aqueles que teñan en mente iniciar un negocio ou empresa.
Serán os días 23 e 24 de outubro en Exposalnés, co obxectivo de que os novos emprendedores coñezan de principio a fin os pormenores da creación dun negocio ou empresa a través do que lles conten técnicos do IGAPE, representantes de entidades financeiras, expertos en redes sociais do taller formativo da Deputación, e expertos en leis do gabinete xurídico Miguelez e Asociados de Cambados.
Os primeiros en coñecer a iniciativa do goberno local foron os alumnos que están participando no obradoiro de emprego de páxinas web e actividades socio culturais, así como os do curso de hostelería que se iniciou no mes de setembro.
Con eles, no centro de A Merced onde se imparten as clases, estiveron esta mañá a alcaldesa Fátima Abal, e o concelleiro de Promoción Económica Xurxo Charlín explicándolles o contido das xornadas de emprendemento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.