OsXoves de Códax, organizado por BodegasMartín Códax, presenta hoxe o concerto de peche deste ciclo musical. Dende o mes de xullo, o viño as vistas desde a terraza da adega e a música formaron parte desta cita semanal.
Os últimos en subirse esta tempada ao escenario da terraza serán Martirio e Uxía. Estas dúas grandes artistas, e tamén amigas, compartirán espazo, talento e sensibilidade. O concerto arrancará a partir das 20.30 horas e a actuación terá unha duración aproximada dunha hora. As entradas para este concerto solidario xa están esgotadas dende hai semanas e o importe destas entregarase á Cociña Económica de Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.