TELÉFONOS DE INTERESE

23 de agosto de 2015

CANDIDATURAS VECIÑAIS DE PONTEVEDRA PROMOVEN UNHA CANDIDATURA PARA AS XERAIS.








Candidaturas veciñais de varias localidades da provincia de Pontevedra fixeron un chamamento á confluencia para formar unha "candidatura unitaria e soberana galega" de cara ás próximas eleccións xerais. Nun comunicado, asinado por Manifesto Miñor,  Movemento Salceda,  A Riada do TeaSomos CambadosSomos RibadumiaSomos Maioría Vilagarcía e Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén, estas agrupacións apelan a outras plataformas cidadás, veciñais, sindicatos, Candidaturas veciñais de Pontevedra e partidos políticos para conformar ese proxecto, "coa imprescindible xenerosidade de persoas e colectivos" chaman á confluencia de cara ás xerais.

Así, apostan por configurar candidaturas nas catro provincias galegas cun "programa común" e con "listas elixidas directamente, sen intermediarios, sen exclusións, nin delegacións, nunha primarias abertas nas que poidan participar todas aquelas persoas que así o decidan". Para iso, mostráronse dispostos a poñer en común o seu traballo e "dialogar", ao tempo que anunciaron que acudirán ao chamado 'Banquete de Conxo' o próximo domingo en Santiago, ao considerar que "é un encontro que satisfai" a súa "idea de como facer para lograr esa candidatura galega" que desexan.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.