TELÉFONOS DE INTERESE

4 de julio de 2015

O CARTEL DO ALBARIÑO CREA POLÉMICA






O facherío cambadés non da trégua pero ataque por onde ataque as suas naves son afundidas pola artillería do goberno local. 
Agora a conta do  Cartel elixido para anunciar a Festa do Albariño, desde que as letras parecen "turullos". Pode gustar máis ou menos incluso podemos decir que as primeiras impresións nas redes falan de cartel feo. Pero decir que as letras de Cambados parecen "turullos" parece forte. Incluso se está acusando de plagio. O certo é que algo pode haber pero de aí a querer acusar ao Goberno municipal de algo resulta algo demasiado escabroso. Posto que o xurado é totalmente independiente.

Desde o primeiro momento estos defensores da dereita dudaban de que hubera unha participación alta no concurso, algo que esta mañán descartouse.

Centrándonos no concurso,  deseño da cambadesa Sonia Castro Martinez anunciará as festas do Albariño deste ano.
A súa obra foi a elexida polo xurado do concurso de carteis, que se fallou esta maña no salón de plenos do Concello.


Pese a que a convocatoria realizada polo goberno local tivo unha tímida acollida 

nos primeiros días, finalmente presentáronse 96 obras, de autores de 
diferentes puntos de Galicia, ainda que tres foron eliminadas por non cumprir 
as bases do concurso.

O xurado que fallou o concurso estaba composto pola periodista cambadesa de "La Voz de Galicia", Maruxa Alfonso, Ramón Huidobro do Consello Regulador, Fernando Arenaz pintor e mestre cambadés, e José Váamonde do departamento de Cultura do Concello

Todos elas, ademáis do cartel gañador, estarán expostas ó público durante os vindeiros días no Salón de Plenos do concello de Cambados.




3 comentarios:

Unknown dijo...

Ola, boas tardes!
A exposición só está aberta ó público no horario laboral do Concello, non?
Saudos e graciñas de antemán.

CORES DE CAMBADOS dijo...

Efectivamente:

Sonia dijo...

La tipografía del texto "Cambados" es de Anna Vives. Es muy triste leer los calificativos que se han hecho sobre ella.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.