TELÉFONOS DE INTERESE

13 de julio de 2015

ÉXITO TOTAL DO FESTIVAL SOLIDARIO A PROL DE "GALICIAME"







Comisión de Festas Santa Mariña Cambados colleitou un éxito rotundo coa festa solidaria a prol do "AME". Durante o festival  sorteáronse preto dun cento de regalos e a recaudación destinarase a investigacion da AME. A praza ateigouse de público para axudar nesta boa causa.

Nos próximos dias saberase o recadado tanto na venda de rifas para o sorteo como o recadado na Fila Cero.

O evento tivo lugar onte domingo 12 de xullo, e celebrouse na Praza do Concello de Cambados a partir das 21,00 horas. Nel participaron varias agrupacións musicais, entre as que se encontraban a Banda de Música de Ribadumia con Silvia Ferre, Os Carballeiras, Con de Xido, Volandeira, Xironsa, Demos da Pataca e  Gustavo Almeida  entre outros.

Durante a celebración do festival vaise procedeuse á venda de rifas entre todos os asistentes para participar no sorteo de diferentes elementos que os comerciantes de Cambados doaron para a causa.  A organización tamén habilitou unha Fila 0, na que se pudo ingresar cinco ou dez euros, e os 20 primeiros doadores recibiron un regalo seguro.

Queremos dar as grazas tanto a comisión de festas de Santa Mariña como aos establecementos que participaron donando agasallos. E sobre todo a Merchi polo seu traballo a pesares das circunstancias.
  



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.