O paro baixou en Galicia en xuño en preto de 8.000 persoas respecto do mes de maio. Segundo datos do Ministerio de Emprego , Galicia é a sexta comunidade autónoma onde máis descendeu o desemprego o mes pasado. Respecto a hai un ano, a redución foi de 23.248 persoas.
Onde máis se reduciu o paro foi na provincia de Pontevedra, seguida da da Coruña. En terceiro lugar quedou a provincia de Ourense, e por último a de Lugo, onde tamén se reduciu o desemprego. O número de contratos indefinidos que se fixeron en xuño na nosa comunidade aumentaron respecto do mes anterior case un 17%. Tamén aumentaron os contratos temporais. Foi en maior medida: un 25,5%
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.