TELÉFONOS DE INTERESE

12 de julio de 2015

ABRE UN POLÍGONO DE BATEAS EN CAMBADOS. O ÚNICO DE TODA GALICIA




 

Abre nas últimas horas o polígono de bateas Cambados A2. Único de toda Galicia de onde se pode extraer mexillón.
A marea vermella da un pequeno respiro en Galicia. Ante esta situación, a consellería de Sanidade lanza unha mensaxe de prudencia e alerta dos riscos da extracción ilegal e do consumo directo de moluscos nas praias. Todos os polígonos de mexillón continúan pechados menos un. Non hai actividade nas bateas nin na maioría dos bancos marisqueiros de Galicia, afectados por un episodio virulento de biotoxinas. "Este é o peor dos casos porque neste momento o produto está nunhas condicións inmellorables. Ademais, estamos na época de maior consumo". O produto que chega ao mercado é escaso pero conta con todas as garantías. O problema está na extracción ilegal. O que está preocupando é que alguén, de xeito consciente, ou inconsciente, poida coller molusco na praia, non apto para o consumo e causar, primeiro, un prexuízo para a persoa e, segundo, un prexuízo para o sector, sinalan desde o sector marisqueiro e bateeiro. 
O sector agarda que, nos próximos días, remita a marea vermella para poder salvar a campaña.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.