TELÉFONOS DE INTERESE

2 de junio de 2015

REUNIÓN A CATRO NO PARADOR DE CAMBADOS










O futuro de Cambados pode estar a decidirse nestes intres.........



As nove deste martes comezaba no Parador de 
Cambados unha xuntanza que pode ser decisiva para a configuración do futuro de goberno municipal.
Os catro grupos políticos distintos do Partido Popular tentan poñer en común os seus programas para tentar un pacto cuatripartito. O futuro do concello de Cambados está no aire, a once días de que se constitúa o novo Goberno municipal. Por un lado, o Partido Popular defenden que quedaron a un só edil da maioría absoluta, e din que iso debe pesar.  Esquecen que a maioría de Cambados apostou por un troco. Polo outro lado, os restantes catro partidos que acadaron representantes traballan na procura dun goberno alternativo. Un modelo diferente no despacho de alcalde, logo de 28 anos de oscurantismo popular.  Os contactos previos  pecharon para esta noite unha xuntanza a catro, que pode resultar decisiva para ve-la viabilidade dun cuatripartito. Mentres, o alcalde en funcións agarda acontecementos. Pero non se resiste a abandonar o cargo e usa para elo as artimañas que sexan necesarias como inducir a erros no colectivo e descalificando de forma vehemente sobre todo a quen pode ser a sua sustituta, Fátima Abal. 
Tan pronto como haxa informacións trasladarémovolas a todos vos.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.