TELÉFONOS DE INTERESE

5 de junio de 2015

O ESTRANO CASO DO DOUTOR JECKYLL E O SEÑOR HYDE







A continuación podedes ver unha frases que publica a "LA VOZ DE GALICIA" na sua edición de hoxe 5 de xuño do 2015, do número un da lista de Cambados Pode, J.R. Abal Varela.
«Somos conscientes de que este é un momento histórico, unha oportunidade única que reflicte que o PP perdeu a maioría absoluta por un puñado de votos, case un milagro»
«Fumos importantes para arrebatarlle a maioría ao PP e imos actuar con responsabilidade, de acordo co momento histórico que temos por diante».



Tamén di que non se reuniu con ninguén do PP, algo que outro xornal, "FARO DE VIGO" aseguraba hai uns dias. E di que chegado o momento.... "o lóxico sería escoitalos" pero sempre desde o punto de vista de "o que os veciños cos que vas falando queren, a xente de Cambados o que di, é que quere o cambio".
Algo que non é certo pois aínda que el non estivera presente si houbo reunións e unha delas celebrouse de xeito informal nun bar de Cambados e durou case 90 minutos. Nesa xuntanza estaban Luís Aragunde e o irmán de J. Ramón Abal.

Falou dos 14 puntos do "seu" programa...."Son catorce compromisos que non deixan lugar a dúbida, somos un movemento emerxente que non pode defraudar a quen nos votaron e as ideas principais consisten en reducir os privilexios aos políticos, conseguir unha máxima transparencia, facer unha auditoría anual das contas do Concello e unha boa xestión dos recursos que nos permita desenvolver políticas sociais e reducir a carga de impostos".
Como xa dixemos nun anterior artigo coa esixencia da alcaldía mom poderá levar a cabo 13 deses 14 puntos programáticos.
Da prioridade a ese punto, segundo Abal moi importante... "Tal e como pon ese punto, imos votarnos a nós mesmos, pero a cuestión importante non é a elección do alcalde senón ter un goberno que funcione coma unha máquina de reloxería, coma un todo"

Pois polo comunicado das forzas de esquerda de onte non parece que o importante fose o equipo, para Abal o importante é levar o bastón de mando.

En resumen na prensa di unha cousa e nas reunións di outra. 
Merecemos a este señor de alcalde?





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.