TELÉFONOS DE INTERESE
▼
3 de junio de 2015
"NO BICO UN CANTAR" ESTE VENRES EN CAMBADOS ADICADO A CABANILLAS
O vindeiro venres 5 de xuño ás 18:00 hrs celebrarase unha nova edición de "No Bico un Cantar" “Os nenos de Galicia cantan a Cabanillas”. Encontro en Cambados de alumnado dos sete conservatorios das principais cidades galegas, xunto co coro do Conservatorio e Escola de Cambados, para homenaxear coas súas voces ao Poeta da Raza.
Colaboración co Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O programa desta terceira edición de “No bico un cantar” está conformado por catro poemas de Ramón Cabanillas que recollen trazos da súa poética total. Os textos seleccionados nesta edición foron musicados por recoñecidos compositores da música culta galega como José Baldomir ou Eduardo Rodríguez-Losada, así como a versión que fixo o famoso compositor catalán Federico Mompou do poema “Aureana do Sil”, en homenaxe ás mulleres que buscaban ouro nos ríos galegos. Como é habitual neste programa, o Consello da Cultrua Galega encargou a composición musical dun poema. Neste caso Margarita Viso foi a responsable de poñerlle música ó poema “Fala unha laverca”, do poemario Da terra asoballada, no que ofrece unha dignificación mítica da terra.
Por outra banda ás 20.30 h. do domingo dia 7 no Auditorio da Xuventude concerto da Orquestra de Saxos de Redondela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.