TELÉFONOS DE INTERESE

11 de junio de 2015

EXPOSICIÓN DE MON COSTA EN EXPOSALNÉS





Este venres quedará aberta ó públ­ico a exposición titulada "A cor da ­Alma" do pintor e mestre de pintores cam­badés Mon Costa. 
A mostra permancecerá a­berta ó público dende o venres 12 de xuñ­o ata o 12 de xullo. 
Horarios de visita:­ de luns a venres, de 10 a 14 horas pola­ mañá, de 16.30 a 20 horas pola tarde. S­ábados, domingos e festivos, de 10,30 a ­14 horas pola mañá e de 16,30 a 20 horas­ pola tarde.

José Ramón Costa Trigo, mais coñecido en Cambados por Mon Costa, é autor dalgúns  cadros que parecen verdadeiras fotografías.  Mon Costa ten unha bagaxe como pintor excepcional, ademais de mestre, ten a súa academia fronte o instituto Ramón Cabanillas. 
"Có seu dominio extraordinario da técnica consigue composicións perfectas, creadas con esforzo, dedicación e paixón, soltura có pincel e interesantes análises psicolóxicos dos personaxes por medio dun profundo sentido da observación da realidade”. (Rocío Acha, directora dos museos de Cambados)
O periodista Carlos Crespo definía o seu traballo dun xeito marabilloso “A súa paixón polo medio rural, e como non, polo mar, asoma aos lenzos e os emborracha como a luz que os posúe”.
A primeira exposición de de Mon Costa  foi no ano 1985 no  Parador Nacional do Albariño. E dende auqela a súa carreira non parou.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.