TELÉFONOS DE INTERESE

5 de junio de 2015

DETIDA UNHA BANDA DE LADRÓNS EN CAMBADOS






Unha espectacular persecución policial en Cambados que permitiu a detención dunha banda itinerante de ladróns de nacionalidade romanesa. A Garda Civil sorprendeunos cando saían correndo dunha casa e comezaron unha fuxida que rematou nunha rúa sen saída onde foron arrestados. 

Os veciños e comerciantes da rúa Mariña en Cambados desfrutaban dunha mañá do máis normal na vila, cando viron un coche que chegaba a toda velocidade e se metía na rúa sen saída.
Ao parecer os tres son familia, de feito podería ser un pai duns 50 anos e súas fillas. A Garda Civil colleunos "in fraganti" cando saían dunha casa sita no lugar das Quintáns na parroquia de Castrelo. Dende aquí fuxiron a toda velocidade pola estrada cara a Cambados onde pretendían despistar os seus perseguidores. Polo camiño guindaron do coche o que levaran da casa, cartos e un móbil. Conduciron durante uns tres quilómetros incumprindo todas as normas de circulación ata que acabaron detidos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.