TELÉFONOS DE INTERESE

12 de junio de 2015

COMUNICADO DE CAMBADOS PODE






A plataforma cidadá CAMBADOS PODE decidiu dar un paso adiante para desbloquear as negociacións das 4 agrupacións no proceso de formación dun novo goberno alternativo para Cambados.
O compromiso nº 1 do noso programa electoral nos impide apoiar no acto de investidura a un partido político tradicional: PP, PSOE ou BNG.
En primeiro lugar queremos agradecer o posicionamento do BNG que sempre manifestou a vontade de constituir un novo goberno democrático en Cambados que dea resposta ao desexo de cambio mostrado polo electorado.
Tamén eloxiar a Fátima Abal polo seu traballo incansable ao longo destos últimos 4 anos loitando por impulsar un proceso de rexeneración democrática que está a piques de producirse por primeira vez en 28 anos no noso pobo.
A nosa decisión para o Acto de Investidura mañá sábado día 13 de xuño será apoiar ao Candidato da plataforma cidadá SOMOS CAMBADOS como próximo Alcalde de Cambados. Unha maior afinidade programática, o feito de representar a unha candidatura de veciños e non a un partido político tradicional son os principais motivos polos que consideramos que TINO CORDAL é a persoa máis axeitada para liderar a formación do próximo goberno municipal do noso pobo.
Esperamos informarvos ao longo do día de hoxe do acordo definitivo entre as 4 agrupacións que formaremos o próximo cuatripartito en Cambados. Acordo que se fará público en canto esté pechado.



1 comentario:

jose dijo...

1 ) Non habera pacto de goberno. Non habera acordo previo con ningunha forza politia para conseguir a alcaldia,nin votaremos ao candidato e outro partido a hora de elexir o alcalde.Cambados pode nace para gobernar. ¿donde fala de partido político tradicional: PP, PSOE ou BNG?Que BNG e PSOE fagan o mesmo e votar a cuarta forza politica seria traicionarse eles mesmos.Eu como votante do psoe votei para que gobernara psoe,ou no caso de pactar que gobernase a 2 forza mais votada,inda que non fose psoe.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.