TELÉFONOS DE INTERESE

12 de junio de 2015

AUDICIÓNS DA SEMANA DA MUSICA DO CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA





O conservatorio e escola de música de Cambados prepraran  unha programación especial para o peche do ano lectivo e conmemorando o 10º aniversario do Conservatorio.  Ademais das audicións trimestrais por departamentos e de agrupacións que se veñen realizando, a este evento súmase por primeira vez a participación do combo moderno, que abrirá esta Semana Músical hoxe venres, as 20:00h, e que interpretará un repertorio fresco e de actualidade, con pezas de pop e rock coñecidas por todos.
O luns 15, as 20:00h, está programada a audición de piano e acordeón. O martes 16 as 18:00h farase a audición de música e movemento, e ese mesmo día as 20:00h actuarán os alumnos de frauta traveseira, saxofón, clarinete e trompeta. Mercores 17 dende as 17:30 será o turno dos alumnos de música e movemento, de 6 e 7 anos, e dos alumnos de Orff, Kodaly e o Coro Didáctico. De seguido,  as 18:00h, será a audición de violín e cello, e para rematar ese mesmo dia as 20:00h a audición de guitarra. O xoves 18 as 18:00h farase a audición de percusión, trompa, fagot e bombardino e a continuación, as 20:00h, a audición de agrupacións e das Bandas do Conservatorio e Escola de Música. 
Para rematar a Semana da Música, ofrécese un concerto de fin de curso, no cal faráse a entrega de orlas os nenos que rematan o seu ciclo elemental no conservatorio, tamén se entregarán os premios do concurso de composición e a continuación representaranse as obras gañadoras coa colaboración da Banda de Castrelo e as Bandas do Conservatorio e Escola de Música.

Info: Concello de Cambados



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.