TELÉFONOS DE INTERESE
▼
2 de junio de 2015
BAIXA O PARO NA COMARCA
Ao igual que no mes anterior O Salnés pechou o mes de maio con 487 parados menos, sendo a baixada máis significativa a rexistrada en Vilagarcía de Arousa, onde 121 persoas atoparon traballo o mes pasado.
Síguenlle O Grove con 89 contratos asinados, Cambados con 66, Sanxenxo con 65 parados menos e Meaño con 49 menos. Tamén Vilanova de Arousa rexistrou 32 novos traballadores, Meis 26 parados menos e A Illa de Arousa con 19 novos contratos asinados.
Na actualidade buscan traballo 11.643 persoas no Salnés.
O desemprego baixou en maio en Galicia en 7.780 persoas respecto ao mes anterior. Supón unha baixada do 3,18%, algo superior á media de España, que se situou no 2,72%.
Respecto a maio de hai un ano, o descenso do paro en Galicia tamén é superior á media do resto do Estado.
Por provincias, o desemprego reduciuse en todas, onde máis, en Lugo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.