TELÉFONOS DE INTERESE

18 de junio de 2015

AS LÁGRIMAS E AS GRANDES AUSENCIAS DO SÁBADO





 Estes días estamos a leer cousas sobre o pleno de investidura do pasado sábado, pero claro as perspectivas non deixan de ser pouco neutrais nalgúns medios. E nos tampouco o somos.
Tourís e Rosa Oubiña si estaban hai catro anos
Fálase das malas formas dalgún asistente por ser de esquerdas e non dos gritos sobre "o circo" que salen desde "a bancada triste" como foron bautizados os simpatizantes do PP, por algún contertulio do facebook.
Pero do que non se fala é da ausencia de Cores Tourís sobre todo e doutros populares significativos, nese pleno tan importante. As "malas lenguas" din que porque xa sabía o que ía pasar e non quería pasar o mal trago. Pero fontes cercanas ao PP destacan que por parte dun sector do PP xa  hai peticións de cabezas, antes incluso dese pleno. Algo que choca co posible nomeamento de Aragunde coma deputado provincial. A destacar que nas conversas serias que tivo o PP con PODE o gran ausente era Aragunde.

Falan tamén os opinadores de certos xestos que so poden apreciar as persoas que estaban moi cerca de onde se producían e polo tanto imperceptibles para a maioría. Pero non falan do xesto que amosa a tensión vivida estes días nas carnes do ex alcalde que tras rematar o pleno refuxiose nos brazos dalguén moi cercano  para entre lágrimas ir soltando esa tensión acumulada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.