TELÉFONOS DE INTERESE

13 de mayo de 2015

VOLVE A CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS









O Club Atletismo Cambados organizará a VI edición da Carreira Popular de Cambados en colaboración co concello, recuperando asi esta carreira que tanto demandaban os atletas. 
A data de celebración será o Domingo 5 de Xullo e o circuito sera o mesmo que en anos anteriores que, como todos sabedes, esta homologado pola RFEA dende o ano 2013 polo que as marcas que se consigan quedarán rexistradas como oficiais.

Desde o clube animan a todos a inscribirse nesta carreira cun circuito tan rápido e bonito con saída e chegada na Praza de Fefiñáns.

Para esta edición están preparando moitas sorpresas para que todos poidades disfrutar dunha espléndida mañán de atletismo na  vila do albariño.

Próximamente ampliarase esta información.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.