O PSOE de Meis acusaba hai dias ao grupo de goberno do PP dese concello de malgastar diñeiro público no xuízo -e eventual derrubamento- dun establecemento de hostelería situado no Paraxe Dos Muíños de "Serén" (da Ruta da Agua e da Pedra na Armenteira) por non chegar antes a un acordo coa propietaria. Así mesmo, acusa José Luis Pérez e o seu equipo de trato de favor cara ao empresario que ten a concesión porque segundo os socialistas é unha persoa vinculada ao PP de Cambados (concelleiro en funcións nestes intres). A voceira do PSOE de Meis, Marta Giráldez alude ao feito de que o empresario se "enganchase" a iluminación pública, co que aforraría o custo da electricidade no seu bar. Giráldez atacou o PP porque ademais nesta campaña fixo o seu mitin de San Martiño nese bar "así que leva alí a xente a darlles ganancias".Sobre isto, o concesionario dixo que "xa non estamos enganchados á iluminación pública, porque reforzamos a liña ata alí con diñeiro noso, e iso é algo do que se beneficiaron algunhas casas do ámbito".
Tamén resulta estrano que a concesión definitiva fora por catro anos e case seis despois siga a concesión nas mesmas mans. Este prazo terá carácter improrrogable, polo que unha vez cumprido o mesmo, cesará o uso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.