TELÉFONOS DE INTERESE

20 de mayo de 2015

SOMOS CAMBADOS: O MANDATO DE ARAGUNDE, DESASTROSO!!!








SOMOS CAMBADOS considera que o mandato do PP de Aragunde  deixa a Cambados nunha situación económica e social desastrosa. As cifras non deixan lugar a dúbidas:

-Cambados incrementou o seu número de parados en máis do 40 %,                   cunha  taxa de paro do 26,93 %, o que o sitúa por riba da media                       provincial, galega e española.
-O 60 % das familias cambadesas teñen serias dificultades para chegar a             fin de mes e pagar os recibos da luz ou os impostos municipais.
-O número de veciños que solicitaron axudas para a compra de alimentos            medrou en máis do 40 %.
-Máis de 500 xóvenes cambadeses tiveron que emigrar en busca dun                  traballo.


Paro
Tras o mandato de Aragunde, a situación dos principais sectores económicos de Cambados é dramática. Así, segundo a confraría, o nivel de vida da xente do mar está ao borde do umbral da pobreza polo aumento da carga impositiva dos gobernos do PP, o que levou a unha importante porcentaxe dos rañeiros e mariscadoras a situacións de precariedade económica. Os ingresos da xente do mar son similares aos de hai dez anos, pero algúns dos gastos chegaron a incrementarse máis dun 50 %. Nesta mesma lexislatura, nun Pleno do Concello, Aragunde e o PP votaron en contra dunha moción de apoio a este sector fundamental da economía cambadesa.

Polo que respecta ao sector do viño, o prezo da uva que están cobrando os viticultores está por debaixo do custe de produción. Mentres os carburantes e os produtos fitosanitarios non deixan de medrar, o prezo da uva acada uns prezos que fan inviables as plantacións de albariño. Fronte a esta grave situación que afecta a centos de familias cambadesas, candidatos e concelleiros do PP dedícanse a especular con grandes plantacións de albariño, vulnerando a legalidade e contando co apoio directo de Aragunde desde o Concello. Casos recentes como o escándalo do Pinal de Maza, ou outros como a adega Agnus Dei, demostran que o PP só utiliza o sector do viño para lucrarse, sen importarlle a sorte que podan correr os centos de familias cambadesas que viven honradamente do seu traballo no campo.

O mandato de Aragunde supuxo un tempo perdido para reclamar a sede do Consello Regulador “Rías Baixas”, que sería un revulsivo fundamental para a xeración de riqueza e a creación de emprego, principalmente no sector do comercio e a hostalería, ademais de supoñer unha impagable promoción exterior de Cambados. Ao renunciar a esta xusta e histórica reivindicación, Aragunde demostra que a súa prioridade é a defensa do seu partido e non os intereses da cidadanía cambadesa.


Nunha situación económica tan desastrosa como a que padecemos, cunha taxa de paro insufrible, é chamativo que Cambados sexa o concello de todo o Salnés que menos dedica a promoción económica e creación de emprego, destinando menos do 1 % do orzamento municipal.

Está claro que Aragunde ten outras prioridades, neste mandato os cambadeses pagamos polos salarios do equipo de goberno e dos seus asesores  un millón de euros. Cifra similar á gastada nunha rede de museos municipal ruinosa e sen visitantes, cuxa recadación non cubre os gastos de luz.

A promesa estrela do PP de Aragunde para os próximos catro anos son dúas praias fluviais en Oubiña e Vilariño, o que evidencia que, despois de 28 anos de maioría absoluta, o PP carece de proxecto de futuro para Cambados.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.