Este venres 8 de maio, ás 20:00 horas, SOMOS CAMBADOS iniciará os seus actos da campaña electoral cun mitin no Colexio Público de Corvillón. Intervirán o candidato á alcaldía, Tino Cordal, cuxa familia é natural desta parroquia, o número dous da candidatura, Xurxo Charlín, e os candidatos de SOMOS CAMBADOS veciños de Corvillón, Antón Sineiro e Rita Mosteiro, e con el comezarán os actos electorais que levaran a esta Candidatura Veciñal a percorrer tódalas parroquias de Cambados, nos que non so van expoñer as suas propostas, se non tamén poder escoitar as demandas dos nosos veciños.Neste mitin exporanse as principais propostas de SOMOS CAMBADOS, incluídas no seu “Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados”, cuxas prioridades son Axudar ás persoas que o precisan, Impulsar a creación de emprego e Fomentar a igualdade de oportunidades para todos os cambadeses e cambadesas.
As propostas de SOMOS CAMBADOS para defender o sector do Mar serán tamén explicadas neste acto, xa que Corvillón é unha parroquia que conta con moitos mariñeiros, armadores e mariscadoras.
SOMOS CAMBADOS é unha candidatura veciñal que non depende de ningún partido político, polo que o seu financiamento procede exclusivamente das doazóns dos simpatizantes.
Un dos seus obxectivos principais é levar a honradez e a transparencia ao Concello. SOMOS CAMBADOS quere predicar co exemplo: calquera cidadán pode comprobar na web ata o último céntimo da procedencia dos ingresos e do destino dos gastos da nosa campaña.
SOMOS CAMBADOS invita ás demais forzas políticas a que fagan igualmente públicas as súas contas.
SOMOS CAMBADOS, desde a súa modestia, quere contribuír ao desenvolvemento do tecido comercial e industrial de Cambados; por iso gastará a totalidade do presuposto da campaña electoral en empresas cambadesas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.