TELÉFONOS DE INTERESE

5 de mayo de 2015

O PARO DA UN RESPIRO AO SALNÉS







O número de desempregados na provincia de Pontevedra rexistrados nos servizos públicos de emprego diminuíu en abril en 2.680 persoas, ata contabilizar un total de 97.695 parados.


O paro en Galicia baixou o mes pasado en 7.376 persoas respecto a marzo. Foi case un 3% máis ca no mes anterior.
A baixada do paro en Galicia supera nunhas décimas a media española que se situou no 2,67%.


Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 67.180 contratos, 3.338 máis que no mes anterior. Deste total, 5.225 foron indefinidos (7,78%), e 61.955 temporais (92,22%). 
Con estas cifras, Galicia volve a niveis de paro similares aos de hai catro anos, ou sexa a datos co goberno Zapatero. Tiveron que pasar case catro anos y estamos "igual". Porque a esto hai que sumar os extranxeiros que marcharon e os españois que emigraron.


Polo que respecta a O Salnés o paro comportouse de xeito positivo en todos os concellos, a Semana Santa axudou a que baixara o número de parados. Por poboacións  Vilagarcía conta con 93 parados menos, Cambados  86, Sanxenxo con 63 parados, Vilanova 43 menos, Ribadumia  20 , Meaño e O Grove 18 parados menos e Meis con 8, destacando sobre maneira a Illa de Aroeusa con 189 persoas encontraron traballo o mes pasado.

Ogallá estos datos sexan peores que en vindeiros meses.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.