TELÉFONOS DE INTERESE

21 de mayo de 2015

NAS ELECCIONS DESTE DOMINGO PIDOVOS O VOTO PARA LUIS ARAGUNDE E O PARTIDO POPULAR






Este domingo 24 de maio, celébranse   eleccións  municipais e eu dende este blog quería pedirvos o voto para o PP e para Luís Aragunde, ¿os motivos para tal petición? Cando volos enumere de seguro que os entendedes e decidides depositar a vosa confianza nesta xente tan “honrada” e “autentica”.
En primeiro lugar, invoco a vosa humanidade.... ¿que será dos asesores, os “señores” Benito Leiro e Manuel Galiñanes, entre outros, si o PP non renova a alcaldía?  Xa sei que os cargos de confianza do alcalde, totalmente prescindibles, cústanlle a tódolos cambadeses mais de 200.000 euros anuais, é dicir,  case un millón de euros por lexislatura pero ¿onde se meteran, senón, estes estómagos agradecidos acostumados a vivir do conto? pouco importa que Cambados teña necesidades mais importantes como que apenas se puideran cubrir as solicitudes de axuda escolar  ás familias mais  necesitadas ou que vexamos a xente remexer nos contenedores de lixo, o realmente importante é ver lucir “palmito” ao sr. Galiñanes con ese estilo e “donaire” que tantos envexamos o resto dos mortais ou ao sr. Benito Leiro seguir vivindo dunha actividade, a política, que non  fai tanto tempo parecíalle tan execrable.  

Tamén pídovos que pensedes no candidato  Eulogio Pomares “Locho”; senón votades polo PP podiades estar privando a este concelleiro dun inmellorable e cómodo lugar onde  poder seguir botando a sesta como é o seu sillón na sala de plenos por non falar do ben que lle ven a escusa do seu cargo para facer turismo, a conta de tódolos cambadeses, a certames de carácter vinícola como nos seus pasados viaxes a Italia ou Xerez pero non vaiades a pensar que ten algo que ver coa súa actividade privada como responsable dunha adega (¡mira que sodes mal pensados!) ; ademais, si o votades pode seguir deleitándonos coas súas “paridas” como aquela que dixo nun pleno   de que había xubilados que tiñan pensións de 150.000 euros anuais.... ¡”puñetero hijo de.... papa”! ¡debe pensar que a maioría de xubilados foron durante a súa vida laboral, pediatras dun certo renome para acadar tales xubilacións!.
Tamén o voso  voto pepero será agradecido por tódolos “enchufados” do concello e que tan ben lles vai co partido da gaivota, como o “pasteleiro” pelota onde os haxa e que cobra un bo número de horas extras (outra cousa é que as traballe).
Tampouco vos esquezades que votando ao Partido Popular estades apoiando aos novos valores locais, como Albertiño, cachorro pepero,  afeccionado  a crear perfiles falsos nas redes sociais cos que criticar  aos contrarios e opositores ao seu glorioso partido, algo que, sen dúbida, valorou Aragunde para metelo na súa lista  electoral.
Para o final deixei ao gran beneficiado  co voso voto e que non é outro que Luís Aragunde quen, si é receptor  da vosa confianza, poderá seguir vivindo do conto e intentando facernos crer que é alguén no partido e no pobo, aínda que sexa o “último mono”, iso sabémolo nos e os construtores  de Melide.  

Por todo o anteriormente mencionado tedes motivos mais que suficientes para votar ao Partido Popular e que as cousas sigan como hasta agora pero si, realmente,  queredes cambiar o pobo, votade a calquera  das outras tres forzas (BNG, PSOE ou Somos Cambados); si eu estivese aí, votaría a quen votei sempre nas municipais  e que  non era outro  que o Bloque pero cónstame, dende a perspectiva que me da coñecelos e telos como amigos que tanto Fátima Abal como Tino Cordal son, ao igual que Víctor Caamaño, uns excelentes candidatos; do patético partido “Cambados Pode”, abstéñome de opinar, o seu candidato xa se retratou perfectamente con todo o tema do control da Guarda Civil e as súas patéticas escusas.   


UN SAUDO A TODOS E NON DIGADES QUE NOS VOS AVISEI


Un artigo de Ricardo Domínguez Rey




2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ricardo,se te olvida mencionar a uno de tu familia que tambien colabora con el pp y vive de un buen sueldo gracias al pp.De otros enchufados tambien se te olvidan algunos que fueron enchufados por el bng hace ya muchos años pero que aun siguen.

Ricardo Dominguez Rey dijo...

vamos a ver ¿y que piensas que no le he criticado a pesar de ser mi familiar? para mi es tan "enchufado" como el resto y no haga ninguna distinción; en cuanto a los que dices de los enchufados del BNG como supongo que hablas de Richard, el encargado del pabellón de deportes y de Luis Rei, el encargado de la Casa de la Cultura déjame que que diga que ambas personas accedieron a su puesto por un concurso público, con unas normas publicadas, en el que cualquiera se podía presentar y con un tribunal entre los que había miembros de la oposición, por ejemplo Santiago Tirado

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.