TELÉFONOS DE INTERESE

21 de mayo de 2015

MÁIS APOIOS PARA FÁTIMA ABAL






Xa antes, Dani Direito entrou na lista de Fátima Abal

Carlos Gude, que se presenta como ex voceiro do círculo Podemos Cambados, deixou o círculo a finais de 2014, impulsado polos cambios que, segundo el, "estaba a levar a cabo de forma unilateral a nova dirección", engade  "máis centrada en facer campaña a outros partidos que en propoñer solucións, desoíndo as propostas e converténdose nun grupo completamente inerte, apático e sen rumbo", denuncia tamén "reunións privadas, ordes do día pechadas, faltas de respecto a asistentes ás reunións, eliminando a quenda de rogos e preguntas a conveniencia, non facendo públicas as actas das asembleas... tomándose só en conta as propostas provintes da dirección".

Tras pasar unha tempada afastado da política, vendo que o círculo de Cambados se seguía afastando cada vez máis do que el entendía o ideario de Podemos, coa chegada das eleccións municipais, decideu ollar as propostas que cada candidato ofrecía, e mesmo asisteu a algún mítin. Foi ao escoitar a Fátima Abal, candidata socialista, falar coa forza que o facía, a súa coraxe, ver que realmente é a única que intentou poñer fronte ao goberno local nestes anos, que quedou convencido de que é a única que podería conseguir un cambio real neste pobo, pois estando na oposición, conseguiu en pouco tempo sacar á luz algúns dos enredos deste goberno, denunciando, por exemplo as irregularidades da RPT


Á vista destes e outros feitos, Gude da o seu apoio a Fátima tentando axudar a cambiar a política local e tentando facer entre todos un Cambados mellor.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.