TELÉFONOS DE INTERESE

11 de mayo de 2015

LOUZÁN NUN PLASMA NO MITIN DE CAMBADOS





HUMOR
A vista de que non aparecen imaxes de Louzán no mitin. E mesmo os twitts dos populares cambadeses non o mencionan..........

Menudo exemplo lles da Rajoy aos seus compañeiros de batallas.

Lembraredes a famosa intervención de Rajoy ante a prensa nun plasma, pois agora quen fai algo parecido é Rafael Louzán que non "apareceu" polo mitin do PP do pasado venres, "de corpo presente". Pero non faltou a sua alocución que como decimos e a tenor dos datos dados polo PP parecía unha intervención pregravada nun plasma. Comezou decindo: " "Esta sede está muy bien adornada. Se nota que la Diputación hizo esta obra", pero non dixo que se gastou o dobre do presupostado, nin que é unha sociedade privada pagada cos impostos de todos, ou  «Hai que pedir o voto a todos os que teñan dúbidas». O máis extrano é que toda a prensa falou de Louzán como si estivese presente. Resulta moi extrano que nas fotos saen todos os asistentes menos Louzán. Un gran tanto para a prensa. Mentras no PP nin o mencionan nin saen fotos de el, a prensa certifica a sua presencia. 
Porque quixeron "agochalo"?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.