TELÉFONOS DE INTERESE

18 de mayo de 2015

DESDE HOXE TOPES DIARIOS PARA OS CERQUEIROS GALEGOS







Cada barco poderá coller 2.000 quilos por día, máis un extra de 600 por cada mariñeiro que leven a bordo.
Desde xaneiro, cada barco do cerco ten un tope de capturas para todo o ano, que pode xestionar como queira.
Deste xeito, podía darse o caso de que pescase nun día o tope para todo o ano. E ademais, os mercados inundábanse de xurelo, polo que os prezos baixaban.
Agora, co sistema novo, entrará nos mercados só unha cantidade limitada de xurelo, polo que os armadores agardan que os prezos suban.
As capturas dos barcos controlaranse semanalmente, de forma que se un día non pescan ou hai mal tempo, poderán compensarse nos seguintes días da semana. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.