TELÉFONOS DE INTERESE

13 de mayo de 2015

CLUBES E ASOCIACIÓNS NA CAMPAÑA ELECTORAL DAS LOCAIS







YouTube
Un dos temas das conversas as portas do Colexio Magariños estes dias é a intervención da presidenta da AMPA  no vídeo promocional da candidatura do PP as eleccións locais. Na maioría dos casos, incluso entre simpatizantes do propio partido, non ven de bo grado a utilización da AMPA e o Consello Escolar, que tamén é mencionado, para apoiar a ningún partido político.
Entre os profesores do centro tamén existe malestar por esta intervención e agárdase que tanto uns coma outros aclaren o tema e se desvinculen de partidismos. Non fará falla lembrarlle a AMPA que representan a todos os pais e nais do centro, paguen ou non a cuota, e polo tanto a todas ideoloxías e sensibilidades. Polo tanto antes de pronunciarse deberían pedir autorización a os tutores legais dos alumnos do centro. Y en canto ao Consello Escolar tres cuartos do mesmo. Non sabemos cando terán reunión tanto da AMPA como do Consello Escolar pero o antes posible deberían pedir disculpas por ter participado desta pantomima ou alo menos desvincularse das palabras dun membro dos dous estamentos.
YouTube
Outro foco de malestar co vídeo é a utilización que fai da base do Club Xuventude Baloncesto de Cambados. Non cabe dúbida de que o concello axudou ao baloncesto, algo que faría calquer concello cando un conxunto coma o "Xuven" acada cotas históricas, e das que todos no concello nos alegramos. Pero de aí a dar o apoio a un partido político parécenos unha aberración. Varios pais expresaron tamén o seu malestar con esta situación e pola aparición de menores nas imáxenes.


Twitter
Outro caso é o do Clube Piragüismo Cambados este blog foi criticado por membros dese clube de acusalos de facer política por publicar unha foto dun retwitt do PP de Cambados dun twitt de J.J. Durán Hermida (presidente de Portos de Galicia) na que aparecen membros do clube e se podía leer " Co alcalde de Cambados e Clube Piragüismo de Cambados no III Trofeo Kayak de Mar. Parabéns a tod@s clubes. A disfrutar das novas instalacións" Unhas instalacións que non foron inauguradas de forma oficial 
e sin que criticáramos o feito da 
utilización do clube con fins electoralistas. Ao final foi retirada a foto porque así nolo pideu o autor orixinal da imaxe. Pero que aquí podedes ver. Pois ben, o presidente dese clube tamén participa no vídeo do PP e sae nas instalacións do clube no Pombal. Ademáis di que "....nas instalacións chovía e agora non". Haberá que quen fixo esas instalacións foi o PP e si chovía antes era porque non estaban ben feitas.

Na nosa humilde opinión clubes e asociacións deberían de absterse de posicionarse ao lado de ningún partido político posto que representan a todos os membros e non so as directivas ou membros destas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.