TELÉFONOS DE INTERESE

7 de mayo de 2015

CANDO NON SE PODE, NON SE PODE.............





Cando non se pode, non se pode....

Cando unha persoa escribe unha cousa, sexa nun xornal, nun blog, nas redes sociais ou fala por calquer outro medio arríscase a ter detractores ou seguidores e arríscase, tamén, a que o rebatan con probas. 
Cando un empeza unha carreira política e máis nestes tempos de desconfianza na clase política, os focos céntranse nesa persoa que como dí o refrán "aparte de ser honesto debe parecelo". 
Non será este blog o que de leccións nin consellos a ninguén pero o caso do candidato á alcaldía de Cambados polo partido Cambados Pode hubera tido menos repercusión si tralo artigo deste blog ou o artigo de onte de Lucía Romero no "Diario de Arousa" tivera convocado unha rolda de prensa explicando o que sucedera e pedindo perdón polos feitos polos que vai ser xulgado nuns dias.
Pero non, todo o contrario no día de onte ameazan desde o seu partido (nota que podedes ver na imaxe) con querelas e acusacións gratuítas. Hoxe por si non tiña bastante co anterior o xornal "Faro de Vigo" da máis detalles que deixan peor, si "pode", ao líder da formación independente. O paradóxico que quen vai denunciar a "Cores de Cambados" e a Lucía Romero e acusa a un funcionario de filtrar documentación non é o candidato e sobre quen pesa a acusación, non, segundo a nota.... "Un dos promotores da plataforma veciñal Cambados Pode vai a interpor nas próximas datas unha querella criminal contra a periodista Lucía Romero e o bloggero Arturo Cores polos feitos anteriormente mencionados."
O lóxico e normal sería que o propio afectado fora quen de facelo.

Non queremos extendernos máis e so dar as grazas a quenes no dia de onte tras ver a nota deste grupo político nos apoiou en forma de mensaxes, chamadas ou polo facebook e twitter. 






1 comentario:

Anónimo dijo...

Animo Arturo Y Lucia,este lo que tiene que saber es que las criticas van incluidas en la vida politica,si no las acepta no haberse metido.Fallos los cometemos todos en la vida y se tiene que saber reconocerlos y evitarlos.Su propio hermano bien que critico(con razon o sin ella) en facebook al alcalde de Villanueva cuando lo pillaron en un coche sin itv,pues dios reparte para todos,ahora toca apechugar.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.