TELÉFONOS DE INTERESE

18 de mayo de 2015

CALUROSO MITIN DO BNG







A pesares do calor e da xornada de fútbol cerca de 150 persoas asistiron onte ao mitin do BNG que celebrou a candidatura nacionalista no Paseo Da Calzada.
Isidoro Bugallo, Esther Serrano Vidal, Emmanuel Franco e María Xosé Cacabelos, que están nos primeiros postos da lista, abriron o acto falando da mocidade e os sectores do viño e do mar, entre outras cuestións, destacando Cacabelos, número 2,  presidenta das mariscadoras debuxou un PP que despois de 5 anos,  "prometeu millóns para un saneamento que no 2015 está sen completar”  e do que non se ven indicios de finalización.

Montse Prado foi a seguinte en  pedir aos veciños que voten a Caamaño para “ser deses concellos rebeldes, enfrontados ás políticas lesivas do PP” e porque “si temos ideoloxía: somos nacionalistas e de esquerdas”.
Guillerme Vázquez invitou a copiar o modelo escocés e romper co típico “Cando nos cansamos do PP votamos ao PSOE e así sempre e nos vai mal. Algunha vez foinos ben?.

Caamaño, ante o o público congregado e rodeado polo tendal onde expuxeron diferentes actuacións relacionadas co Goberno local dos populares ás que chaman “As 50 sombras do PP”, insistiu nalgunhas palabras dos seus predecesores e aportou as principais liñas do seu programa electoral para “recuperar os anos perdidos e os últimos, nos que aos vellos problemas se lle sumaron outros”, declarou en relación a xestión popular destes 28 anos.

O acto rematou coa ofrenda a floral a Cabanillas e co himno galego.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.