TELÉFONOS DE INTERESE

22 de mayo de 2015

ALUMNOS DO IES ASOREY VISITARÁN O PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO







O Departamento de Xeografía e Historia  do I.E.S. Asorey programa unha visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro os dias martes, 26  e Venres, 29 de maio  para alumnos de 1º ESO C/ 1º ESO B e  1º ESO A /1º ESO B respectivamente.

A visita ten como obxectivos:
-Contribuír ao logro das propostas educativas previstas nos deseños curriculares.
-Introducir aos nenos e nenas na cultura propia do seu contorno.
-Promover unha actitude positiva cara á conservación e preservación do patrimonio arqueolóxico e natural.
-Valorar os respos materiais do pasado como fontes para o coñecemento e a aprendizaxe de aspectos da vida cotiá na Prehistoria.

O custe da actividade distribúese do seguinte xeito:
-5’50 € entrada ao recinto (programa de actividades)
-2’50 € axuda ao transporte escolar
-O programa completo de actividades inclúe:
-Visita interpretativa da exposición.
-Paseo pola área arqueolóxica.
-Obradoiro.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.