TELÉFONOS DE INTERESE

15 de mayo de 2015

50 PRAZAS DE ABASTOS INICIARON A CAMPAÑA INTERNACIONAL QUERE O TEU MERCADO







Esta tarde en Sanxenxo a presidenta da Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal), Elena Otero, e os presidentes das asociacións de praceiros dos mercados que forman parte desta federación, iniciouse a campaña Quere o teu mercado, que ten por obxectivo visibilizar e promocionar as prazas de abastos como pezas clave do comercio de proximidade.
Trátase dunha iniciativa internacional que se desenvolve ata o 30 de maio en 16 países de Europa, América e Asia e que se celebra por primeira vez en Galicia, onde a Consellería de Economía e Industria apoia diferentes iniciativas de dinamización en máis de 50 prazas de toda a comunidade, en colaboración coas federacións e asociacións de praceiros, os concellos e a Federación Galega de Comercio.
Entre as actuacións específicas promovidas polo Goberno galego xunto co sector celebrarase o sábado 30 de maio o Día do Mercado, poñendo en valor a calidade e a profesionalidade das prazas galegas. Ademais, no marco de Quere o teu comercio, impulsaranse actividades para os máis pequenos, actuacións musicais, e iniciativas nas redes sociais e na páxina web http://www.quereoteumercado.gal/mercado/, entre outras propostas.
Na presentación realizada hoxe en Sanxenxo participaron representantes das asociacións de praceiros que forman parte de Fepragal: Sanxenxo, Portonovo, Vilanova de Arousa, Moaña, Cangas, A Pobra do Caramiñal, Pontevedra, Cambados, Bueu, Lalín, Padrón, Caldas de Reis e O Grove.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.