Desde hoxe Exposalnés (Cambados) acolle a exposición da Fundación Galega contra ou Narcotráfico titulada Saudarte. Esta iniciativa naceu hai anos co obxectivo de dar visibilidade á mensaxe de prevención no consumo de drogas que abandeira a fundación. Nesta ocasión, a mostra terá selo cambadés pois se conforma de cadros e debuxos realizados por alumnos dos institutos Ramón Cabanillas e Francisco Asorey así como da academia de Mon Costa e do colexio Antonio Magariños, en concreto, do curso de quinto de primaria. Son medio centenar de obras que tocan diversas técnicas e temáticas, das que se poderá gozar durante todo o mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.