TELÉFONOS DE INTERESE

19 de abril de 2015

UNHA MULLER FERIDA NUN ACCIDENTE EN OUBIÑA





Unha muller resultou ferida este mediodía cara as 11:45 no lugar de Bouza de Padrón, na parroquia cambadesa de Oubiña. O sinistro prodúxose cando a conductora dunha furgoneta de reparto de pan non se decatou da presencia dun ciclomotor no momento de dar marcha atrás arrolando a muller.
A conductora do ciclomotor foi levada ao Hospital do Salnés con fortes dores nunha clavícula e rabuñazos producidos pola caída.

Ao lugar desprazáronse Protección Civil de Cambados, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia trasladou á ferida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.