TELÉFONOS DE INTERESE

8 de abril de 2015

FINAL DO CONCURSO "PÍNTAO DE ROCK"






«Píntao de Rockcertame de rock + artes plásticas e visuais» ofrece este venres un concerto no salón Peña co fin de elixir a mellor banda ou solista do certame organizado polo instituto Ramón Cabanillas e o Concello de Cambados. O cartel está composto por grupos integrados por alumnos de Secundaria de varios institutos da bisbarra. Cabina 402, Cuarta CejillaKilling Floor e Sofá Ambulante. Os gañadores, ademais de levarse un trofeo, serán premiados coa gravación e edición dun CE-EP de catro temas e unha actuación durante a Festa do Albariño. O concerto comezará ás 20.30 horas e rematará coa actuación do grupo vigués Booty Sweat. O prezo das entradas é de tres euros para menores de 18 anos e de cinco euros para os maiores de idade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.