TELÉFONOS DE INTERESE

19 de marzo de 2015

PUNTUALIZACIÓNS DO BNG SOBRE PROTECCIÓN CIVIL E O RESCATE DE ANIMAIS





Diante das declaracións do responsable de Protección Civil en Cambados, emitidas nos medios de comunicación e en relación á negativa desta agrupación a participar no rescate de animais domésticos, o BNG de Cambados quere facer as seguintes puntualizacións:
O Decreto 56/2000, de 3 de marzo, establece que os/as voluntarios/as de protección civil terán o “carácter de colaboración voluntaria para a prestación de servizos de maneira altruísta  como medio de realización de accións humanitarias e de solidariedade social”. Desde o BNG entendemos que o rescate de animais, nomeadamente os domésticos, entra dentro do ámbito da solidariedade social e, polo tanto, protección Civil debe colaborar no rescate e na retención destes animais ata que apareza quen os vaia recoller e custodiar. Isto é o que se fai na maioría, senón na práctica totalidade, dos concellos.

O responsable da Agrupación de Cambados non pode ignorar que ante a situación de perigo dun animal  haberá persoas con conciencia, sensibilidade e  civismo que acudan na súa axuda, arriscando a  integridade física e todo pola inacción  de P.C. ante este tipo de casos. É dicir, que P.C. non acuda ao rescate dun animal pode poñer en risco a vida doutras  persoas, xa que non todo o mundo é insensible ao sufrimento animal.
Por último o BNG solidarízase co Refuxio de Animais de Cambados, unha organización que leva anos demostrando ser un exemplo a seguir no seu ámbito e insta á Alcaldía a que atenda as súas demandas a prol da defensa dos animais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.